Efectos que producen as drogas de deseño no organismo:
* Este tipo de substancias e concretamente o éxtases producen efectos estimulantes e de alteración da percepción (raramente alucinacións) similares aos da anfetamina e mezcalina.
* Cando se consumen en doses baixas producen unha sensación de euforia, un aumento da autoestima, aumenta a empatía e a capacidade de relacionarse cos demais. En xeral os efectos sucédense en tres fases, unha primeira de desorientación, unha segunda de euforia e unha terceira de esaxerada sociabilidade.
* Entre os efectos do tipo anfetamínico destacan o aumento da enerxía, a euforia, locuacidade, diminución do sono, diminución do apetito.
* En canto aos efectos do tipo alucinóxeno destaca o desenvolvemento dunha hipersensibilidade sensorial; prodúcense cambios na percepción subxectiva do tempo (parece que este se alonga) e às veces prodúcense cambios na percepción visual (sen ser verdadeiras alucinacións), como son o aumento de sensibilidade á luz, visión borrosa ou alteración das cores.
A frecuencia do consumo e a dose, condicionan os efectos como droga recreativa; tomar dobre dose non supón experimentar o dobre de efectos aparenemente positivos senón que xeralmente aumentan os efectos negativos.
Toxicidade
Este tipo de substancias presentan unha gran toxicidade, en moitos casos graves, podendo incluso ser mortal. O risco de efectos adversos é maior ante o consumo de doses masivas.
Os efectos que se producen son:
* Efectos físicos: taquicardia, boca seca, fatiga, náuseas, tremores.
* Efectos psíquicos: dificultade de concentración, ansiedade, insomnio, desorientación.
* Así mesmo existen casos de toxicidade grave (relacionados coa forma de consumo, actividade física esaxerada, ambiente quente e insuficiente inxesta de líquidos) caracterizados por cadros de hipertermia grave, taquicardia, convulsións, etc., os cales poden ter un desenlace fatal.
* Ademais da toxicidade propia do éxtases, hai que ter en conta a toxicidade das substancias engadidas para adulterar a droga, en moitos casos moi tóxicas, sen esquecer que na síntese clandestina das drogas de deseño utilízanse precursores non controlados que en ocasións son máis tóxicos que a propia droga.
* As manifestacións psiquiátricas asociadas ao consumo destas substancias son fundamentalmente de tres tipos: trastornos psicóticos, trastornos depresivos e trastornos de ansiedade. Resulta difícil precisar se a droga produce os trastornos en si ou o que fai é desencadear a aparición destes cando existen antecedentes previos; é posible que a existencia de alteracións psiquiátricas preexistentes faga máis vulnerables a determinadas persoas.
* Un aspecto tamén importante da toxicidade desta substancia é a implicación que teñen na produción de accidentes de tráfico. A influencia das drogas de deseño na capacidade de conducir é marcada, por unha parte polos efectos estimulantes, e en especial polas condutas de risco que se adoptan baixo os seus efectos e por outra polos efectos relacionados coas alteracións da percepción.
* A toxicidade máis importante ao longo prazo da MDMA é un dos temas de maior interese dende o punto de vista científico e a neurotoxicidade selectiva relacionada co sistema da serotonina de distintos análogos da anfetamina-mescalina e en particular da MDMA ou éxtases e MDA ou píldora do amor. Sábese que se producen graves lesións nas vías serotoninérxicas no Sistema Nervioso Central, ocasionando importantes lesións neurolóxicas
Síntomas e signos do consumo de drogas
Hai unha serie de signos que cando aparecen poden ser sintomáticos do abuso no consumo de drogas en xeral e que, polo tanto, que tamén poden aplicarse ás drogas de deseño :
* Perda de apetito
* Adelgazamento chamativo en pouco tempo
* Cambios de humor
* Diminución da capacidade de concentración
* Pérdida de interese polos amigos ou polos acontecementos sociais
* Deficiente hixiene persoal
* Alteracións do sono
* Depresión
* Problemas legais
* Dificultades académicas
* Perda de emprego
* Problemas conxugais ou de relación coa parella
* Cansazo crónico
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]