Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Serafín Marcos representando a Lois Pereiro

O outro día, visitounos no I.E.S Félix Muriel un actor que xa tiña actuado noutros anos. Este representaba dramáticamente a Lois Pereiro e amosábanos algún dos seus gustos, datos ou comportamentos.  

 

Á maioría da xente pareceulles que este home estaba algo tolo, digo á maíoria da xente por non dicir a todo o mundo. Pero o que pasa é que ninguén, ao comenzo, se dou conta de que iso era unha interpretación e que o home tiña un guión e uns feitos que seguir . Nun momento moi sorprendente, cando cortaba o pelo por exemplo, isto non era un feito polo que poidamos pensar  que estaba tolo,  senón unha forma de amosarnos algo dunha maneira diferente e de gran impacto. Cando ía gritando coa caixa esa na cabeza, todo o mundo pensou igualmente que estaba tolo e que berraba por berrar, pero a xente que o escoitou veu que era un poema de Lois Pereiro.

Tamén se fartaba de dicir:

- Cuspídeme enriba cando me vexades [...]

Isto é unhas das cousas que aparecen enriba da tumba de Lois Pereiro.

Así que, os que pensedes que estaba tolo razonade un pouco con isto, e os que xa o tiñades claro, espero que disfrutárades moito con esta representación tan orixinal.

 

vídeos da actuación



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.