Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Refráns e ditos populares

 

- A deus rogando é co mazo dando.

- Ollos que non ven, corazón que non sente.

- Ó que madruga Deus lle axuda.

- Non por moito madrugar amanece mais cedo.

- En martes nin te cases nin te embarques.

- Ó dito dito e ó feito peito.

- De tal pau tal astilla.

- Cada un fala da feira  según lle vai nela.

 -Nunca chove a gusto de todos.

- O palleiro non se fai sen palla.

-Costureiras sen dedal cose pouco e mal.

-Burro grande, ande ou non ande.

-Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.

-Hasta o corenta de Maio non te quites o saio.

-Polo San Martiño come castañas e bebe viño.

- Xente nova e leña verde todo é fume.

- A choiva do San Xoán quita o viño e non da pan.

- A quen Deus non lle da fillos, o demo lle da sobriños.

- Polo san Xoán a sardiña molla o pan.

- Cando marzo maiea, maio marcea.

- En Santa Lucía mingúan as noites e medran os días.

- Deus da pan a quen non ten dentes.

-Canto máis se ten máis se quere.

-A boa moza non a busques na romaría, búscaa co traxe de cada día.

-Fai o que che digo e non fagas o que eu fago.

-Gasta en pan e viño o que lle as de deixar ós sobriños.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.