Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O venres imos ao Porto do Son

Déixovos con información do premiado co Leixaprén deste curso: MANUEL GONZÃLEZ ÃLVAREZ


Quizais todo comece na cabina de proxección dun cine, nunha vila pequena. Nun  neno que mira como o seu pai coloca as bobinas no proxector, apaga as luces da sala e abre as portas á luz dos soños. O cine. Quizais todo consista na fidelidade entusiasta a esa experiencia. Quizais aí naceu a necesidade de saber, de compartir, de producir a posibilidade dunha expresión soberana, de dar lugar a que suceda a creatividade, de proxectar os soños da comunidade. Agora Manolo é profesor de Historia no IES Concepción Arenal do Ferrol e compartiu na rede unha canle youtube cuns 600 clips de vídeo sobre historia de España (comentados un a un, en galego): Cilphistoria. Xenerosidade e traballo. Dalgunha maneira Manolo sempre construíu canles: canles de produción, canles de difusión, canles de creatividade. Dalgunha maneira nunca deixou esa cabina de proxección no cine da súa infancia. E iso é o que queremos agradecerlle. Este é o seu currículo na páxina da Axencia Galega do Audiovisual que el dirixiu.

Licenciado en Sicoloxía (Universidade Complutense, Madrid 1977). Director do I.F.P. Allariz (1979-82), onde realiza as primeiras experiencias de vídeo na escola en Galicia.

En 1984 foi responsable da Area de cine e vídeo da Dirección Xeral de Cultura, organizando as primeiras axudas publicas ao  cinema e vídeo galegos,  coordina o programa A imaxe na escola (curso 1984-85) e foi responsable da Videoteca de Galicia (1984-85) xermolo do que será posteriormente o CGAI.

Ten publicado numerosos artigos e impartido charlas e cursos sobre vídeo e imaxe na escola e o audiovisual no ensino. Organizador da sección de vídeo e as actividades paralelas de XOCIVIGA (1984-1989). Con X. L. Cabo cataloga e fotografía o patrimonio cinematográfico galego, materializándose este traballo na exposición itinerante Cinematógrafos galegos (1986-1987).  

En 1988 entra a traballar na produtora Vídeovoz TV, desenvolvendo funcións de arquivo, produción, guión e realización en diversos programas e series para TVG como Encontros, Galicia no cine, A mellor TV do mundo ou Extramuros entre outros.

Participou na  investigación e catalogación da memoria audiovisual da emigración galega. A súa tese de doutoramento en historia versa sobre “A emigración no cinema español” . Entre outros, publicou o  libro: Documentos para la Historia do cine en Galicia (1970-1990,) así como participación en varios libros colectivos (Historia do cine en Galicia, Dicionario do cine en Galicia..etc) e numerosos folletos e artigos sobre audiovisual galego especialmente sobre patrimonio e formación audiovisual.

Creador e director da Escola de Imaxe e Son (Coruña) (1990-1998). 
Profesor no Master de produción e xestión audiovisual da Universidade de Coruña (1998-2009) e profesor asociado na  Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade de Vigo (2004-2007). Nos anos 2004-2005 foi o director de desenvolvemento da produtora Dygra Filmes.

Participou en numerosos eventos, festivais e  mostras audiovisuais, así como en  charlas e coloquios en foros nacionais e internacionais.

Foi Premio de honra Fernando Rey en  1999, pola súa  “contribución ao desenvolvemento da  industria audiovisual galega” e premio AISGE no 2006 “pola súa traxectoria”.

Dende o ano 2006 ao 2009 desenvolveu labores de dirección da Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, coordinando as convocatorias de axudas á produción da Xunta de Galicia, deseño e contidos da web da Axencia Audiovisual Galega (Premio á mellor páxina institucional en galego no ano 2008) e impulsando novos proxectos para o audiovisual galego como Cinemas Dixitais, Flocos.TV (Premio Mestre Mateo 2009), ou Memoria do século XX

Tamara e Aura



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.