Matilda
Encántame este libro, é un dos libros que podes ler centos de veces e non cansarte.
Matilda é unha rapaza excepcionalmente lista que ten por pais a unha xente ruín e timadora. Pero Matilda non é coma eles, descobre ela soa os libros aprende a ler por neceidade de pasar o tempo e cando empeza en 1º na escola xa ten un nivel de 6º curso. E aínda por riba diso é capaz de mover obxectos e cousas coa mente!
Gústame moito cómo escribe Roald Dahl porque é moi imaxinativo e divertido. Recoméndovolo!
de Roald Dahl
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]