Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Letras galegas 2011. Actuación de Serafín Marcos

 O día 19 de maio veu ao noso instituto Serafín Marcos a facernos unha performance de Lois Pereiro. No espectáculo trataba de representar a vida de Lois Pereiro dando datos da súa infancia, adolescencia e de cando era adulto sen que fora unha charla rollazo como moitas outras. Un día antes do espectáculo déronnos un papel onde estaban os poemas que él ía recitar estes eran:
-Intonarumori
-Prepared piano
-Prayer
-Dous minutos nun baile de derviches
Durante todo o espectáculo foi recitando estes poemas nunha orde coincidindo coa vida de Lois Pereiro.

 

 

 

 Máis tarde, dounos un libro para que o fóramos pasando e escribindo nel, para que según el lle deramos vida… e foi dando ao mesmo tempo información sobre Lois Pereiro..
Máis tarde, puxo no radiocaset unha poesía, e el puxo na súa cabeza unha caixa amarela como con un altavoz e entre o público iba gritando como un tolo!!

 

 

 

 
Despois, sentouse nunha silla e foi escribindo frases, de forma que cos xestos da súa cara, víase que lle estaba chegando a inspiración, e ao acabar as frases, entregoulle os folios con estas a dous rapaces do público, para que representaran as frases nun debuxo, estes fixérono e durante uns minutos o home estuvoos comentando..

Sempre estaba dicindo que el era Lois Pereiro, e que estaba morto… e para demostrarnolo, colleu a unha rapaza entre o público, tapoulle os ollos cunha venda e dixolle que non a quitara, aínda que esta non lle fixo moito caso… a continuación, o home cortou un pelo do seu cabelo e puxollo á rapaza nas súas mans e esta moi sorprendida observouno…
Logo, sacou a outra rapaza de 2º-ESO e díxolle que collera unhas tesoiras e que lle empezara a cortar o pelo ao home, entón ela fíxolle caso e empezoullo a cortar con moito gusto entre risas e risas do público; entón el desta forma tan peculiar demostrou que estaba “morto” e que el “era” Lois Pereiro…

A verdade, é que ao final da actuación quedamos moi sorprendidos pola súa representación…

 

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.