Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Encontro do Audiovisual Escolar Galego

O venres da próxima semana, 27 de maio imos a ir ao Porto do Son, a un encontro escolar do audiovisual galego. Alí presentaremos algúns videos que levamos feito durante varios anos.

O próximo día 27 imos estar no IES Porto do Son no Encontro do audiovisual galego que se corresponde coa entrega do XII do premio Leixaprén.

Este ano a Coordinadora Leixaprén de equipos de normalizacion lingüisca acordou premiar a Manuel Gonzalez Alvarez, unha das persoas máis destacadas na creación e promoción do audiovisual en Galicia especialmente nos ambitos afeccionado e escolar. Este ámbito de traballo é habitual no IES do Porto do Son os destes IES quixeron da entrega unha festa do cine escolar galego.

Participaremos varios institutos de Galicia, algúns deles son:IES As Lagoas, IES Breamo, IES Espinheira, IESBaroncelle, IES de Cacheiras…

Este é o programa:

As 10:00  haberá unha recepción e presentación, alí darannos unha tarxeta de cor.

As 10:15 proxección das producións dos centros, aquí cada centro imos  presentar os nosos traballos (desde os seus asentos).

12:00 Descanso (ser puntuais e non afastarse da casa da cultura)

12:15 Proxección das produccións dos centros

13:15 entrega do premio Leixaprén a Manuel González Álvarez

14:00 Irase o IES do Porto do Son (quince minutos andando)

14:00 A comida (debe levarse da casa)

16:00 Aulas de cine: producción, dirección, deseño e comunicación, fotografía (no IES habilitaránse 4 espazos-aula identificados por cores. Iredes á aula que corresponda coa cor da tarxeta que vos deron a mañá.)

17:00 Descanso

Dende as 17:30 ata as 20:00 que vai ser a clausura imos seguir coas aulas de cine.

 

Nerea, Carla, Aura e Tamara



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.