Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Doar sangue do cordón umbilical

Os sete bancos de sangue públicos que gardan unidades de sangue do cordón umbilical en España teñen almacenadas mais de 47 000 un 13% máis que o ano anterior.O ano pasado usáronse 343 para transplantes.

O sangue do cordón obtense no momento do parto,unha vez que o neno naceu e ca placenta aínda no interior da nai. Faise unha pequena punción para recoller o sangue e se todo é correcto almacénase para quen o precise no futuro.

Para que se utilizan estas doazóns? O sangue de cordón umbilical é moi rica en células nai que teñen unha grande capacidade para fabricar as células do sangue (glóbulos vermellos, glóbulos brancos e plaquetas)

Por este motivo serve para tratar enfermidades que teñen que ver con un funcionamento incorrecto da medula ósea ,un tecido fundamental para a vida que se encontra no interior dos ósos e nos que se producen as células sanguíneas e do sistema inmunitario.

-Tratamento para leucemias e tumores

O transplante de medula ósea utilízase para tratar a pacientes con leucemias ou tumores que requiren unha quimioterapia moi forte que lles deixa as defensas moi baixas .

Antes de que comezar a usarse a sangue do cordón umbilical 1988, a opción era un transplante de células nai obtidas da medula ósea ou da sangue periférica dun doante compatible e san a través dunha aférese.

A posibilidade de ter un irmán compatible é do 25%, dun familiar non irmán é dun 5%, e de alguén que non sexa familiar é de entre o 1/70.000 e 1/40.000. Por iso están os rexistros de doantes e os bancos de sangue do cordón umbilical para aumentar esta probabilidade.

En España, desde 2006, todas as unidades de sangue do cordón umbilical almacenadas en territorio nacional teñen que poñerse a disposición do rexistro REDMO para o seu uso altruísta nunha doazón. Por iso, os bancos privados que existen para uso propio almacenan as súas unidades no extranxeiro salvo que a familia diga o contrario.

  • Requisitos para a doazón de sangue do cordón umbilical.

A doazón de sangue do cordón umbilical é un acto completamente altruísta e anónimo. Non se recibe nada a cambio. A muller debe de ser maior de idade e debe firmar unha autorización.

No parto ademais de extraerse o sangue do cordón umbilical que se recolle nunha bolsa similar a das doazóns normais extráense tamén dous tubos de sangue para descartar posibles enfermidades como o VIH ou a hepatite, a nai ten que contestar un cuestionario parecido ao que se cumprimenta cando se doa sangue para comprobar o seu estado de saúde.

As unidades almacénanse a 4ºC ata o seu traslado ao banco de sangue correspondente onde se fan todas as análises pertinentes e procésanse para a súa conservación en tanques de nitróxeno líquido a   -196ºC.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.