1. Pode participar calquera alumno e alumna do IES FELIX MURIEL.
2. A actividade ten dúas modalidades opcionais:
· LECTURA DUN POEMA de LOIS PEREIRO
· RECITADO MEMORIZADO dun dos poemas do escritor homenaxeado expostos durante estes días polo centro.
3. As persoas interesadas en participar en calquera das modalidades antes citadas, deben apuntarse antes do 10 de maio no departamento do EDNL.
4. Só é posible participar nunha modalidade deste concurso.
5. As LECTURAS e o RECITADO faránse en acto público nas datas e lugares que previamente se comuniquen.
6. Con tempo suficiente, exporase un calendario co horario e a orde de participación das persoas inscritas neste certame.
7. O xurado estará composto por:
· un profesor/a do centro,
· un profesor/a do EDNL,
· dous alumnos ou alumnas do EDNL.
· A función do xurado será valorar a pronuncia, o ritmo, a expresividade e o dominio da lingua de cada un dos participantes.
8. O premio para cada modalidade, consistirá nun vale de 30€
9. A non presentación na data e hora indicada na convocatoria, suporá a exclusión do concurso.
Rianxiño, 4 de maio de 2010
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]