Imaxe de cabeceira
Sabías que...
As cores de Andrómeda

A flota de telescopios espaciais da ESA( European Space Agency)permítenos observar a Galaxia de Andrómeda, tamén coñecida como M31, en diferentes lonxitudes onda. A maior parte destas bandas de frecuencia son invisibles para o ollo humano, pero cada unha delas desvela diferentes aspectos da natureza desta próxima galaxia.A luz visible, a única detectable polos nosos ollos e polos telescopios ópticos en terra, permite observar as estrelas que forman parte da Galaxia de Andrómeda, pero constitúe tan só unha pequena fracción do espectro de radiación electromagnética que nos chega desde a galaxia.

O resto de frecuencias son invisibles para o ollo humano, pero non para os telescopios da ESA.Empezando polas bandas de maior lonxitude de onda, o satélite Planck é capaz de capturar a radiación en microondas emitida pola Galaxia de Andrómeda, o que permite detectar partículas de po  a temperaturas extremadamente baixas, de tan só unhas decenas de graos sobre o cero absoluto. Cando as partículas están a maior temperatura, pódense detectar na banda das infravermellas grazas ao telescopio espacial Herschel. Este satélite desvela cúmulos de po nos brazos espirais da galaxia nos que se están formando novas estrelas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.