ADIVIÑAS
· Unha señorita moi enseñoritada, chea de remendos sen unha puntada.
(A galiña)
· Anda e non ten pés; come, e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca.
(O muíño)
· Unha cousa que coa súa risada perdeu a súa anada.
(O ourizo da castaña)
· Estou pensando, pensando; de pensar vólvome tola. Coa sogra da muller de meu irmán, ¿que parentesco me toca?
(A miña nai)
· Capullo sobre capullo, capullo do mesmo pano, senón que cho diga eu, non o acertas neste ano.
(A cebola)
· Cucurico non ten ollos, cu nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico.
(O ovo e o pitiño)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]