Imaxe de cabeceira
Sabías que...
ACCIÓN DE VERÁN: OPINIÓN

‘Acción de Verán’ é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros. As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

 

 Eu, cando tiña 9 anos, acudín a un campamento a trabes de ‘Accion de Verán’ en Ourense, cerca de Portugal. Ao principio non coñecía a ninguén, pero despois fixen moitos amigos. Durmiamos en tendas de campaña, e estabamos separados por grupos, así cando faciamos algunha actividade xa non perdiamos tempo en agruparnos.

Lavabamos a nosa roupa a man, como o facían as nosas avoas, e estendiámola nun tendedeiro que uns dias antes fixeramos.

Habia unha piscina, que non podiamos usar moito porque chovia, arredor de 40 tendas de campaña, 1 comedor, 1 campo de futbol, 1 campo de baloncesto, 1 coliseo, e moitas cousas máis.

Algunhas das actividades que facíamos eran orientacion con brúxula, camiñatas ata Portugal, xogos pola noite (de medo), tamén un Martes 13, montaron unha cabaña de medo, que tiñamos que atravesar, despois de ternos contado moitas historias de medo.

Eu recoméndovos que o probedes, este ano xa non podedes porque xa se acabaron os prazos de entrega da reseva de prazas,  pero vale a pena esperar.

 

http://xuventude.xunta.es/

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.