O día 10 de maio, estivo no noso IES Carlos Negro o autor do libro: Makinaria. Que nos demostrou o que pode cambiar un libro dependendo de como se conte, e quen o conte.
O autor leunos o libro, nomeado anteriormente, colocando uns cochiños de xoguete que simbolizaban os mortos entre 18 e 30 anos nas estradas de Galicia durante un ano. O libro, fala sobre as festas que os mozos montan os sábados, e a irresponsabilidade que teñen ó conducir baixo os efectos do alcohol. Acompañamos a lectura de Makinaria, cantando un dos poemas que compón o libro.
Ao final agasallounos un caramelo acompañado de versos de amor a cada un de nós.
Cando deu os agasallos, subiron as persoas da primeira fila a recitar os versos para que os demais tivesemos unha idea do que nos quería decir con eles. Díxonos que eses versos eran de poetas aínda vivos, como María Lado, Yolanda Castaño…
Carlos Negro nesta imaxe estabanos contando o libro “O rato Frederik” na que se percibe a emoción coa que interpreta os libros que conta.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]