Imaxe de cabeceira
Sabías que...
2011 Ano Internacional da Química

A Asemblea Xeral da ONU proclamou o 2011 como o Ano Internacional da Química para concienciar ó público sobre as contribucións desa ciencia o benestar da humanidade

O 2011 coincide co centenario do Premio Nobel otrogado a Marie Curie polos súas aportes á química e da función da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. A conmemoración enfatiza a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a sustentabilidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esencias da humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.

O 2011 coincide con centenario do Premio Nobel outorgado a Marie Curie polas contribucións á química e a función da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. O director Xeral da Unesco Koïchiro Matssura aceptou a decisión da Asamblea.

Baixo o lema “Chemistry: our life, oue future” (“Química: nosa vida, noso futuro”), os obxectivos desta conmemoración son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta para satisfacer as necesidades da sociedade, promover o interese pola química entre os mozos, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da química.

Na entrada do noso centro contamos cunha exposición composta por 22 paneis que ofrece unha visión amena, divulgativa e didáctica da Química. O contido da exposición ofrece unha primeira visión xeral da química e o seu papel central na ciencia, seguida dun repaso breve das principais aportacións realizadas ao largo da historia. Nun terceiro bloque, adéntrase na química en relación con grandes campos como o medio ambiente, a saúde, a enerxía e a alimentación, relacionando eses campos  coa investigación desenvolvida nos laboratorios españois.

Tamén, no corredor hai unha exposición de libros de química, que podemos votarlle un vistazo, e se queremos os podemos levalos prestados a través da biblioteca.





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.