Veu Núñez Singala falarnos de prexuÃzos
O día 4 de abril, no noso IES os alumnos de 4º de ESO e algúns de 3º de ESO acudimos a unha charla titulada: Simplicacións da lingua galega.
Baixo este título a charla trataba sobre os prexuízos e as cousas que opinamos ou vemos, sen ter reflexionado e sen pensar que ó mellor estamos equivocados ó fixarnos só na apariencia. Como por exemplo que che digan que nomees que é a cousa máis lonxe que podes ver e contestes calquera sitio que pode chegar a estar nun radio de 50 quilómetros, cando realmente o que sempre ves e está mais lonxe é o sol.
Núñez Singala, a persoa que deu a charla, aplica todo isto á lingua, explicándonos que o galego non é un idioma bruto, nin soa mal, como moitos galegos cren, e que incluso fóra da nosa comunidade o galego vese como un idioma bonito e meloso.
Tamén nos falou sobre o racismo, neste caso aplicado especialmente á lingua.
A min persoalmente gustoume moito, xa que me pareceu unha charla moi entretida e interesante, aparte de que nos aportou moita información sobre a nosa lingua. (Tamara)
A min a charla gustoume porque non só empregou a palabra para trasmitirnos o que nos quería dicir, senón que tamén empregou exemplos e diapositivas. (Adriana)
A min a charla pareceume bastante entretida xa que nos aportou información sobre a nosa lingua.(Anxo)
Eu creo que Manuel Núñez daba moitos rodeos para falar dos prexuízos que temos da nosa lingua e ao non dicir as cousas claras non falou todo o que debería.(Fabiola)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]