Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O galego que alcanzou as estrelas

Hai  un cráter na Lúa que leva o seu nome. O mesmo co que foron  bautizadas varias rúas de Lalín, A Coruña, Vigo e Santiago. Son solo algúns dos múltiples homenaxes que recibiu o sacerdote, matemático e astrónomo Ramón María Aller, considerado como o pai da astronomía en Galicia e un dos referentes españois na materia, que acaba de ser distinguido pola Real Academia Galega de Ciencias o dedicarlle o Día do Científico Galego de este ano, unha iniciativa que aspira a converterse nunha celebración de toda a sociedade galega, ao mesmo nivel có Día das Letras Galegas, festa de referencia da cultura na comunidade.


Ramón María Aller (1878-1966) foi, realmente, unha personaxe singular. Un científico alentado pola curiosidade cuxa única aspiración era o coñecemento. Pero era, por encima de todo, un sacerdote, un home da Igrexa, cunha enorme devoción científica, que rematou converténdose  tamén en pai da astronomía en Galicia.

 Dicía misa todos os días, aínda que non predicaba nin tiña parroquia, porque para el o exercicio sacerdotal era puramente vocacional e nunca quixo nin cobrar por iso nin acceder a ningún cargo relixioso.

A súa  avoa, Camila Ulloa, regaloulle  un anteollo de 75 milímetros de apertura co que comezou a practicar máis  en serio a  súa afección cando era seminarista en Lugo. A este primeiro  instrumento uníuselle un teodolito procedente de Londres que llo regalou unha amiga da súa familia. É con estes instrumentos, comezou  a instalar o seu  observatorio na galería da súa casa. 

Ramón María Aller foi o introdutor en España do estudo das  estrelas dobres e múltiples, das que descubriu nove en vida, y creou  unha escola nesta área en todo o país da que aínda hoxe é referente internacional o observatorio que leva o seu nome  en Santiago. A figura de don Ramón segue moi presente entre nós.

 

O galego que alcanzou as estrelas



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.