Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura / Eu xa o lin
MEMORIAS DUN NENO LABREGO : OPINIÓN

            

A obra sitúase nos anos 20 ou 30, na emigración dos galegos a América, por falta de recursos. Esta historia sucede nunha aldea de labregos dirixida por un señor que fala castelán. A aldea é moi pobre, como pobre é a familia dun neno labrego chamado Balbino. Este neno é labrego, pero esto non lle impedirá que lle sucedan aventuras que recolle no seu caderno. É un neno valente, aventureiro e pícaro. Pensa moito no mundo e o reflexa na súa vida como labrego. Ten un irmán chamado Miguel que marchou para América  na procura de traballo. O seu mellor amigo chámase Lelo e tamén tivo que ir para América.  O que máis lle molestaba a Balbino era que cando na aldea se celebraba unha festa, el sempre tiña que quedar na casa pois estaban de loito pola morte do seu padriño. Tantas gañas tiña de saír que houbo unha vez na que fuxiu da casa para ir á festa cos demais nenos, pois, mentres el estaba na casa, víaos xogando dende a súa ventá. A súa nai obrigábao a ir todos os domingos á misa para que orara polo seu padriño. Isto a Balbino non lle gustaba nada . El prefería estar cos amigos xogando e pasándoo ben como facían os demais rapaces.   

 Gústame cómo Neira Vilas describe os sentementos de Balbino de maneira discreta e indirecta. Salvo cando marchou Lelo para América, onde fai unha descrición máis directa dos seus sentimentos. A historia pareceume atractiva e amena, dada a sinxeleza do seu vocabulario, así como da sucesión de distintas aventuras que ían trasncurrindo ao longo da obra, que a fai máis dinámica. Non se me pode pasar por alto mencionar como o autor logra que non perdamos o fío da historia a pesar do extenso número de personaxes, que xiran a redor de Balbino.

O personaxe de Balbino comenza sendo moi plano. Case se fai un pouco lenta e cansina a lectura ao principio, ata que dá un xiro no momento en que se vai da casa, canso de facer o que seus pais esperan del. A partir deste momento e coincidindo co cambio de Balbino, a historia comenza a ser máis dinámica e amena.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.