Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Manuel Núñez Singala falounos dos prexuízos

Manuel Núñez Singala, veunos dar unha charla sobre os prexuízos que existen contra o uso do galego.

Na última hora do luns, catro de abril, tivemos a sorte de contar co escritor Manuel Núñez Singala, autor de A comedia bífida.

Este veunos explicar que os prexuízos que mesmo a xente galega ten en contra do seu propio idioma son ridículos, porque os idiomas están para ser utilizados, e non se teñen que perder por uns prexuízos que non teñen razón de ser.

Por exemplo un dos prexuízos que nos describiu foi, "APRENDER GALEGO É UNHA PARVADA, SE TODOS FALASEMOS INGLÉS NON HABERÍA PROBLEMAS PARA ENTENDERNOS". El dixo que isto era verdade, pero se todos falasemos francés, catalán ou mesmo galego, tampouco habería problemas para entendernos todos.

A min esta charla gustoume moito, porque nos fixo entender que moitos (senón todos) dos prexuízos que temos en contra do uso do noso idioma son verdadeiramente unhas aberracións, porque non teñen nada que ver co que de verdade é unha lingua.

Adrián Sobradelo (4º ESO A)



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.