Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Fomos ver “La Casa de Bernarda Alba”

O pasado día 15 de marzo de 2011 fixemos unha saída a Santiago para asistir a esta fantástica obra de teatro. Representaron unha adaptación do libro “La Casa de Bernarda Alba†do autor granadino Ferderico García Lorca, o cal foi asasinado na Guerra Civil


Esta historia escenifica os sucesos acaecidos no interior dunha casa e dunha familia española no século pasado, na cal conviven unha nai coas súas fillas (na obra orixinal cinco e nesta adaptación tres. A maior Angustias, a mediana Martirio e a moza Adela) tras a morte do pai de familia.  

A trama xira maiormente sobre a disputa das irmás por un cabaleiro, Pepe “O Romano”. Todas as irmás desexarían ser elixidas por el, este relaciónase con Angustias, que é a máis rica pola herdanza que lle deixou seu pai, e con Adela, que é a máis moza, relaciónase ás escondidas, mentres que Martirio simplemente se sinte atraída por el. Na trama a nai intenta poñer orde na súa casa debido a que estaban todas facendo loito, pero as fillas non lle obedecían; ata que unha noite Pepe quedara con Angustias, pero cando el estaba na corte, Adela intentou escaparse para velo. Entón apareceu a nai que sacou a escopeta e foi a espantalo. De volta na casa a nai dixo que o matara e Adela meteuse na súa habitación. No momento en que foron buscala xa era tarde: A nai e Martirio encontrárona colgada do teito.

Estivo realmente interesante e pasámolo ben.

 

            




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.