O venres día 11 de marzo pola mañá iniciouse un terremoto sen precedentes, de grao 8.9 na escala de Richter (é un grado calificado como ´´grande´´, que provoca danos en varios centos de kilómetros), que sacudiu todo Xapón, o cal se viu seguido de numerosas e intensas réplicas e un perigosísimo tsunami que se adentrou ata 14 km na terra, e sumerxiu numerosas poblacións e arrasou outras totalmente. Os desaparecidos e falecidos cóntanse xa por miles e o resto do mundo comezou a evacuar ós seus cidadáns residentes en Xapón. Según datos científicos, o maremoto liberou unha enerxía igual a mil bombas atómicas, suficiente para abastecer durante un ano a todo o mundo.
Actualmente existe un perigo incluso maior ca os desastres naturais, xa que o terremoto averiou os sistemas de seguridade dos reactores de varias centrais nucleares, e sobre todo afectou á planta de Fukushima. Os reactores fundíronse pola falta de refrixeración, elevando a temperatura a enormes niveis e provocando pequenas fugas, liberando certa cantidade de radioactividade. Agora esas pequenas fugas convirtíronse na maior ameaza no país. Hai traballadores voluntarios repoñendo a auga do reactor, a cal se evaporou pola calor no núcleo da central.
O emperador xaponés, Aki-hito, falou para o seu pobo despois de 32 anos sen facelo. Transmitiu unha mensaxe de calma e tranquilidade para a población. O goberno alertou ós residentes en Toquio sobre a presencia de cesio e iodo radiactivos na auga da capital, niveis inocuos nos adultos pero perigosos para os bebés e os anciáns, e recentemente detectouse rediación no mar.
Ante a adversidade os xaponeses mostraron unha enteireza admirable e exemplar.
O mundo enteiro expresou a súa solidariedade por este triste suceso, facendo campañas para reunir cartos e intentar axudar ao Xapón na súa recuperación.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]