Imaxe de cabeceira
Sabías que...
As drogas de deseño

 

As  drogas de deseño ou de sínteses son sustancias lixeiramente distintas  na súa estrutura molecular as drogas existentes das que derivan, pero cos mesmos efectos a nivel do Sistema Nervioso Central. Son consumidas cada vez con maior frecuencia pola poboación do noso país e en contra da crenza popular de que son relativamente inocuas ou poco dañinas, a evidencia científica mostra que son sustancias que producen danos cerebrais importantes e que o consumo continuado produce problemas tanto de tipo orgánico como de tipo psicolóxico.

Este termino de “drogas de deseño” foi acuñado nos anos sesenta en relación cas drogas e o seu abuso, obtidas con fins recreativos e que eran deseñadas en laboratorios clandestinos para imitar os efectos doutras drogas cuxo tráfico era delito, e ademais  tratábase de produtos que pola súa novidade estrutural non estaban rexistrados como sustancias ilegais, escapando así da restrición legal.

Que son as drogas de deseño?

Orixinalmente as drogas de deseño  clasificáronse nos seguintes tipos de sustancias:

  • Análogos da anfetamina e mezcalina (comparten propiedades estimulantes, similares a  da anfetamina e alucinóxenas similares a as da mezcalina).
  • Opioides sintéticos (análogos do fentanilo e meperidina).
  • Arilhexilaminas (fenciclidina).
  • Análogos e derivados da metacualona.


A medida que pasou o tempo, considéranse drogas de deseño as do primeiro grupo (análogos da anfetamina-mescalina). Dentro de este grupo a máis importante é a MDMA (3,4 metilendioximetanfetamina) conocida vulgarmente como ‘EXTASIS’, ‘ADAM’, ‘E’ e no noso país como ‘pastillas ou ‘pastis’.

O MDMA ou éxtases è a droga de deseño máis popular tanto en España como nos países do noso entorno. Como se observa na Figura 1 o número de pastillas decomisadas no noso país dende os años oitenta  aumentaron de maneira espectacular (187 pastillas en 1987, 45.352 en 1992, 739.511 en 1995 y 359.096 en 1999).




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.