Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A NASA descubre un novo mineral nun meteorito

A NASA e un grupo de científicos de EEUU, Xapón e Corea do Sur atoparon algo inesperado cando estudaban un meteorito caído en 1969: un novo mineral, chamado “wasonita”, cunha estrutura inédita até agora na natureza.O anaco de mineral, un dos máis pequenos identificados no

meteorito Yamato 691, xa foi engadido á lista de 4.500 minerais oficialmente aprobados pola Asociación Mineralógica Internacional, informou a NASA nun comunicado.”A wasonita é un mineral formado soamente por dous compostos, o sulfuro e o titanio, pero posúe unha estrutura cristalina única, que non se observou até agora na natureza”, dixo o científico da NASA Keiko Nakamura-Messenger, que liderou o proxecto.O cristal, que acharon rodeado de “outros minerais descoñecidos que están a ser investigados”, ten unha anchura de 50 por 450 nanometros, máis de cen veces menor ao espesor dun cabelo humano.Atopar un mineral tan minúsculo foi posible grazas ao microscopio de transmisión de electróns da NASA, capaz de illar os grans da wasonita e determinar a súa composición química e a súa estrutura atómica, segundo a axencia.Nakamura-Messenger confía en que a nanotecnoloxía permita revelar moitos máis “secretos do universo” escondidos en especímenes como o Yamato 691, recuperado en 1969, xunto a outros  oito meteoritos, nunha expedición de científicos xaponeses ás montañas Yamato na Antártida.Despois dese descubrimento, o primeiro significativo de meteoritos na Antártida, Estados Unidos e Xapón atoparon máis de 40.000 na zona, entre eles estraños aerolitos de Marte e a Lúa que continúan sendo estudados.O nome de wasonita (“wassonite”) é unha homenaxe a John T. Wasson, un profesor da Universidade de California en Los Ángeles (UCLA) especializado na investigación sobre meteoritos e pioneiro no uso de datos de activación de neutróns para clasificalos.A científica Lindsay Keller, co-creadora do microscopio utilizado para identificar o mineral no Centro Espacial Johnson da NASA, asegurou que a investigación dos meteoritos e dos minerais que conteñen                                                                         “é unha xanela para coñecer a creación do noso sistema solar”.”A través deste tipo de estudos podemos aprender sobre as condicións que existiron para que se formase e os procesos que estaban a ocorrer entón”, explicou Keller.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.