Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO
Onde está Gondomar?

 

O CONCELLO DE GONDOMAR

O Concello de Gondomar, está situado xeograficamente no Val Miñor, no SO. de Galicia. Limita ó Norte con Concello de Vigo, polo Oeste cos de Nigrán e Baiona, polo Sur cos de Tui e Tomiño, e polo Este, cos de Tui, Vigo e Porriño.

Gondomar, ocupa a meirande parte da cunca xeografica do rio Miñor, formado pola confluencia dos ríos Zamáns (que nace en Vigo ó pe da serra do Galiñeiro, polo lado Norte) e polo rio Morgadans, que nace tamén na Serra do Galiñeiro pola banda oeste, pero discorre integramente polo proprio territorio municipal.-

O Val orientase cara ó Oeste convertendo o Concello nun anfiteatro natural que se orienta cara a Ría de Baiona a partires dunha serie de formacións montañosas: O pico Castelo ao Norte, a Serra do Galiñeiro o Este, e, os montes de Couso no sur.

O clima é oceánico e húmido, cun ambiente térmico agradable e unha alta pluviosidade (1.500 mm.) que equipara as estacións do inverno e da primavera (30-40% das precipitacións cada unha) presentando un déficit hídrico prácticamente durante todo o verán.

Desenvolvemento histórico.

O nome de Gondomar, tense atribuido ó mando dun asentamento militar so seculo VII: Gundemaro. É entre os seculos XII e XIII onde se produce un incremento demográfico importante, creándose moitas das parroquias actuais ligadas o mosteiro de Santa María de Oia, como testemuña a toponimia (couto “monufi” derivou en añufe, o mosteiro feminino de Santa Baia deu nome a Donas, e un Morgado a Morgadans).

No seculo XVII os conflictos bélicos con Portugal arrasaron as terras do Concello. A loita contra os francerses tamén deixou pegada na historia local: a axuda prestada ós vecinos de Vigo mereceu representación no escudo de armas do concello.

Durante o Antigo Réxime, as parroquias que integran o actual concello de Gondomar, pertenceron as distintas xurisdicións (Baiona, Gondomar e Pexegueiro).

A Constitución de 1.812 significou a creación dos Concellos de Santa Cristina e Borreiros, Mañufe e Gondomar, Peitieiros e Couso, Morgadans, Chain e Vilaza, e de Vincios. Pero a derogación de 1.814 supuxo unha rápida volta o réximen señorial. Co segundo periodo constitucional en 1.820, crearonse os concellos de Donas, Morgadans e Peitieiros, Vilaza e Vincios. Unha nova derogación en 1.823 restaurou o Antigo Réxime, e non é até a definitiva delimitación municipal de 1.835 que se crea o actual concello de Gondomar, agrupando as diferentes división hist´ricas en forma de parroquias. Morgadans constituiuse en 1.932 como Entidade Local Menor.

A VILA DE GONDOMAR

A vila de Gondomar, concello da provincia de Pontevedra, está situada no Val Miñor, no extremo sur occidental de Galicia, un territorio, á vez, exuberante na súa natureza pero humanizado e acolledor.
Limita ao norte con Vigo e Nigrán, ao oeste con Baiona, ao leste con Porriño e Tui e ao sur con Tomiño.
A súa ampla extensión (74,8 quilómetros cadrados) ofrécenos unha grande variedade de paisaxes e habitats: desde os rochosos escarpes da Serra do Monte Galiñeiro, pasando por fragas como a de Oliveira, brañas como a de Chan do Cereixo, ribeiras do Grova e Miñor ata as xunqueiras do esteiro do Miñor.

QUE VER

 

 

Intercambio 2011 con Gondomar



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.