Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Charla sobre o inglés nos distintos países.

O martes, día 22 de marzo a cuarta hora da mañá o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato asistimos a unha charla realizada por un profesor de Oxford que trataba sobre datos históricos dos distintos continentes do mundo. Comezou por Europa e seguiu por América do Sur, África, Oceanía,  acabando por América do Norte.

Foinos contando en inglés cousas moi diversas, informounos sobre a historia de James Cook., dicíndonos entre outras cousas que fora o descubridor de Australia e Nova Zelanda. Explicounos deportes típicos destes continentes ensinándonos imaxes deles. Díxonos que un deporte chamado bing jumping se practica de varias formas e en varios países. Tamén nos amosou imaxes sobre as tatuaxes que acostuman facerse alí.
Entre outras curiosidades dixo que existe unha cervexa chamada “The Cook’s beer”.
En Australia afirma que habitan moitos españois.
En canto á comida amosounos que, nalgúns lugares, teñen unha cultura moi diferente á nosa, xa que é típico comer can, crocodilos, canguro…
Recoñecemos que na charla nos divertimos e que foi entretida e interesante, xa que a pesar de ser en inglés entendemos moitas cousas e nos aportou información interesante.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.