Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Semana das curtas.

 

 

 

 

#1 INSTALACIÓN

Director: José Díaz
Intérpretes:Mónica García, Tomás LIjo, Cesar Cambeiro

O concelleiro de Cultura está farto de tanta exposición de arte contemporánea que non entende ninguén. Para sacar o museo á boia necesitan algo espectacular que impresione aos de Bruxelas. Nada máis vangardista que unha boa ‘instalación".

#2 SOM DO GALPOM "QUEDAMOS NESA PRAZA"

Videoclip realizado en stop motion pola produtora Verme Audiovisual para a banda Santiaguesa "Som do Galpom". Extraído do seu disco "Em terra de Ninguem".

#3 O MÁIS RICO ( DO CEMITERIO)

Director: Jorge Fernandez
Intérpretes: Avelino Gonzalez, Luis Iglesia

Rafael era un tipo normal ata o momento que comezou a traballar nunha funeraria. A relación cos falecidos e coas súas familias convertérono nun ser sen escrúpulos, capaz de roubar ata aos mortos. Baixo unha aparencia desordenada e caótica, agóchase un individuo calculador e sofisticado, que é quen de argallar un sistema de roubo case infalible.

#4 EU FALO "Estudantes de Ciencias da Información "

Pequenos anacos de realidade extraídos da web eufalo.tv

Metémonos nunha das clases de Xornalismo da Universidade, e os estudantes quixeron compartir connosco cadansúa historia lingüística, ao máis puro estilo das terapias de grupo, pero micrófono en man como nos talk-shows.

#5 SOBRE A MORTE DO BIEITO

Directora: Xudit Casas
Intérpretes: Marcos Correa

Un home que leva o cadaleito no funeral do Bieito, despois de escoitar uns ruídos estraños, cavila en que o morto podería estar vivo e durante todo o enterro pensa en comunicarllo aos demais mais a dúbida non llo permite. Adaptación do relato de Rafael Dieste..

Toma 2



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.