Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Semana das curtas. Toma 4

1 AS ALMAS DO FENTAL

Director: David Vázquez
Intérpretes: Fernando Morán

Xosé é un señor maior que vive no Fental, unha aldea do interior de Galicia que está a piques de quedar baleira. A historia trata sobre un dobre abandono, o que afecta ao rural galego por un lado e, polo outro, o que sofren os nosos maiores.

#2 KASTOMÄ "GRELO 66"

2º Video promocional do disco "Almas da noite" de KASTOMÄ. Dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío. Producido por SETEMEDIA. A Ruta do Grelo é o traxecto que vai de Ordes a Sigüeiro, e que é famoso por estar cheo de greleiras vendendo os seus produtos. Kastomä fan a ruta como é debido e protagonizan a súa particular Route 66, aínda que neste caso re-bautizada como Grelo66.
E ti, andas na Ruta do Grelo?

 

#3 O INQUILINO

Director: David González
Intérpretes: : Ruth Sabucedo, Uxía González, Jesús Mira

Magda e Leo son dous universitarios do Campus de Ourense que comparten un pisiño vello e desvencellado de tres dormitorios. Como dous estudantes calquera en calquera universidade teñen seus problemas económicos que os impulsan de continuo a tentar alugar o terceiro dormitorio da vivenda, pero non é doado, nada doado. O cuarto prohibido non é apropiado para calquera inquilino

#4 EU FALO "Ben "

Pequenos anacos de realidade extraídos da web eufalo.tv

Ben é de Manchester e estuda galego dende hai tres anos no Centro de Estudos Galegos de Oxford. Para que lle é útil a nosa lingua? Saberémolo ao final do vídeo. ;)

 

#5 DIES DEI

Director: Nani Matos
Intérpretes: : Xan Cejudo, Mela Casal, Camila Bossa.

Avelino vive pendente de coidar a súa muller enferma, postrada nunha cama. Pero ao seu setenta anos, tamén el comeza a notar síntomas preocupantes.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.