Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Semana das curtas. Toma 3

#1 O CERCO

Director: Martiño Vázquez
Intérpretes: Martiño Vázquez

No medio dun clima de belicismo sen lindes, aínda hai un lugar onde se libra a máis fera das batallas: a psique do ser humano. Por riba da dor e da vontade, o cidadán 3398-MVB enfrontarase nesta historia claustrofóbica a unha verdade máis dura aínda: á súa real existencia sen outra alternativa que a da propia fuxida desesperada pero… cara a onde?

#2 LAMATUMBÁ "E LOGO CHEGA O DÍA"

Unha peza do banda ourensá Lamatumbá. "E logo chega o día"

Videoclip oficial do primeiro single de "A Órbita da Banda Hipnótica" (2010). Está dirixido por Jorge Coira, o director de "18 comidas" e "O ano da carracha".

 

#3 SULFATO

Directora: Abelardo Rendo
Intérpretes: Xandre Rendo, Berta Barcia

As nais son esas persoas que están sempre aí, ao noso carón, sen pedir nunca nada a cambio. Mais tamén necesitan de sinxelos retallos de esperanza, de amor para seguir adiante na vida. “Sulfato” é unha historia sobre a importancia das cousas pequenas, eses anaquiños de maxia que nos regala a vida de cando en vez e que nos dan folgos e nos debuxan un sorriso para continuar…

#4 EU FALO "Neves "

Pequenos anacos de realidade extraídos da web eufalo.tv

O Leo i Arremecághona presentanos unha protagonista excepcional, súa nai Neves, que lle conta a súa historia coa lingua, chea de problemas, e lle explica por que cando era pequeno o tratou de educar en castelán(primeiro cápitulo da serie "en Vigo Fálase").

#5 AUTOMÓBIL

Directora: Andrés Victorero
Intérpretes: Ricardo de Barreiro, Fernando Morán, Ruth Sabucedo, Xavier Estévez

É venres. Un executivo remata a súa xornada laboral. Sobe ao seu coche novo, conduce e entra no garaxe do seu apartamento de luxo. O que acontecerá alí cambiaralle a vida para sempre. Curtametraxe de ficción que conta unha historia universal. Diñeiro, poder, relacións e tecnoloxía mestúranse en cada momento da nosa vida propiciando situacións.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.