O comercio xusto é una forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gubernamentais, pola Organización das Nacións Unidas e por movementos sociais e políticos (como o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores. O comercio xusto tamén se pode describir como un capitalismo compasivo. Os principios que defende o comercio xusto son:
.
- Rexeitamento á explotación infantil.
- Igualdade entre homes e mulleres.
- Trabállase con dignidade respectando os dereitos humanos.
- O prezo que se paga aos produtores permite condicións de vida dignas.
- Coidar do medio.
- Búscase a maneira de evitar intermediarios entre produtores e consumidores.
- Infórmase aos consumidores acerca da orixe do produto.
Antecedentes
A filosofía do Comercio Xusto é mellor que a axuda dos países centrais aos países en vías de desenvolvemento, consiste no establecemento de relacións comerciais éticas e respectuosas, e promove o crecemento sostible das nacións e dos individuos. Máis que polas entidades oficiais ou estatais, o Comercio Xusto é impulsado e practicado por millóns de persoas solidarias en diversas partes do mundo. Aquí as chamadas “Tendas do Terceiro” cumpren un rol decisivo, a través de voluntarios que nas súas horas libres apoian a venda de produtos como Café de Colombia, Ron de Cuba, Mel de Chiapas, Quinua de Bolivia e Perú, etc.
Obxectivos
o Garantir para os traballadores ou traballadoras un salario xusto.
o Mellorar as condicións de seguridade e hixiene do lugar de traballo.
o Fomentar a igualdade de oportunidades para as mulleres.
o Protexer os dereitos dos nenos.
o Salvagardar as minorías étnicas.
o Preservar o medio.
Selo de Comercio Xusto
Turrón de comercio xusto
O Selo de Comercio Xusto, o Selo FAIRTRADE é o Selo que, impreso nun produto, garante que este provén de Comercio Xusto e que se produciu e comercializou seguindo os criterios internacionais de Comercio Xusto establecidos por Fairtrade Labelling Organzitions (FLO) Internacional.
Cafés certificados co Selo Fairtrade – Comercio Xusto.
A certificación dos produtos de Comercio Xusto cun selo permite a súa fácil identificación e a súa venda nos canais de distribución habituais. Ademais a certificación Fairtrade abre o Comercio Xusto a todas aquelas empresas dispostas a seguir os criterios de Comercio Xusto na elaboración dun ou máis produtos. Deste modo a certificación Fairtrade contribuíu de forma significativa ao crecemento global do volume dos produtos de Comercio Xusto vendidos en todo o mundo.
En España, a “Asociación do Selo de Produtos de Comercio Xusto” (ASPCJ), dá a licenza para o uso deste Selo e fomenta que consumidores/as o coñezan e opten polos produtos Fairtrade. A Asociación do Selo FAIRTRADE é membra de FLO International, o organismo internacional que apoia aos produtores que traballan con Fairtrade ou desexan traballar con Fairtrade e que establece os criterios ou estándares de Comercio Xusto para cada produto.
Comercio Xusto e soberanía alimentaria.
O comercio xusto, foi relacionado tamén coa soberanía alimentaria. A activista e autora Esther Vivas considera que o comercio xusto debe asumir as premisas e postulados da soberanía alimentaria e que a aplicación dos principios da soberanía alimentaria ao comercio xusto supón “falar dun comercio xusto de proximidade, exceptuando aqueles produtos que non se elaboren no noso territorio, dun comercio xusto respectuoso co medio e controlado polas comunidades dun comercio xusto que combate as políticas neoliberais e as multinacionais.
Durante a semana do Luns 13 de decembro de 2010, no IES Félix Muriel de Rianxo, tiveron lugar unha serie de charlas (que deron dous integrantes da ONG Panxea, esta organización traballa a prol do comercio xusto). Ademais tamén tivemos un posto no que se vendían uns produtos de “comercio xusto” e no que tamén había uns paneis, nos que se daba información sobre o labor do comercio xusto.
A Organización “Panxea”.
Os membros desta organización, describen as súas actividades do seguinte xeito (texto atopado na páxina de Panxea):
- A asociación para o comercio xusto e solidario “PANXEA” é unha asociación sen ánimo de lucro constituída en Santiago de Compostela no ano 1995. En febreiro deste ano 2010 constituímos a Cooperativa de Consumidores e Usuarios que será a que se encargará da tenda que temos no local da Rúa da Rosa, nº 36, baixo, en Santiago de Compostela.
- Os espazos principais de actividade de “PANXEA” son a sensibilización e a participación activa en diversas iniciativas de economía alternativa, social e solidaria, especialmente as relacionadas co Comercio Xusto e o Consumo Responsábel, dende a perspectiva da Soberanía Alimentaria. Para iso traballamos para impulsar cambios que, dende o pequeno e o local, vaian mudando as estruturas a prol da xustiza social, ecolóxica, de xénero, e nas relacións comerciais Norte – Sur, pero tamén Sur – Sur e Norte – Norte, promovendo igualmente a paz e o desenvolvemento sustentábel.
- Este traballo fíxonos merecentes de ser galardoados co premio Vagalume 2006, que outorga o Concello de Santiago en recoñecemento ao esforzo de “PANXEA” na difusión do comercio xusto, o consumo responsable e a economía social en Compostela.
- Cremos especialmente no traballo en rede, e por iso, “PANXEA” é parte activa, ademais da Iniciativa pola Soberanía Alimentaria dos Pobos, da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable, da Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega de ONGD´s, e a nivel estatal e ibérico, forma parte do “Espazo por un Comercio xusto”.
Fotos dos cartaces, que estiveron esta semana no noso IES.
Bibliografía.
As páxinas, que utilicei para a realización deste traballo foron:
http://es.wikipedia.org/wiki/Comercio_justo
http://panxea.org/panxeablog/?page_id=105
Rianxo, 19 de decembro de 2010
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]