Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
GRUPO DE TATRO AIRIÑOS ( ASADOS)

Marcos Iglesias Santos de 1º ESO “C” presenta ao grupo de teatro Airiños e convida a tódolos lectores e lectoras á representación teatral de “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao o vindeiro sábado 29 de xaneiro ás 20:00 hs no auditorio municipal de Rianxo.

O grupo de ‘’Teatro Airiños’’ de Asados representou por primeira vez ‘’Os Vellos non Deben de Namorarse’’ de Castelao en 1983 e volveuse a representar outra vez en1986 para conmemorar o 100 aniversario do nacemento de Castelao. No ano 2010 volveuse a preparar a mesma obra vaixo a dirección de Xesús Santos e representouse por varios escenarios de Galicia.
Nesta ocasión volven a traballar actores que xa o fixeran no ano 1983 e outros actores que se incorporaron recentemente como poden ser Ramón Romero, Lucía Casal e Marcos Iglesias, que seguen coa tradicción de actuar no teatro xa que os seus avós e bisavós xa o fixeran noutras ocasións.

A representación do próximo sábado de ‘’ Os Vellos non Deben de Namorarse’’ forma parte dos actos organizados polo concello de Rianxo e a ‘’Fundación Castelao’’, no 125 aniversario do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

No transcurso do acto o concello de Rianxo faralle unha homenaxe ao ‘’Grupo de Teatro Airiños’’ pola súa traxectoria artística ao longo destes 78 anos de carreira.

Aquí hai uns enlaces ao blog de Airiños máis un vídeo:

C:Documents and SettingsUsuarioMis documentosDailymotion – TRAILER AIRIÑOS – un vídeo de Creación.htm

http://teatroasados.blogspot.com/

Marcos Iglesias Santos 1ºc

Os vellos non deben de namorarse



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.