Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
A cabeza da medusa

Comentario e sinopse do libro A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre

Este libro trata o tema da violación de dúas rapazas que, despois deste mal trago, aínda teñen que soportar as burlas e críticas dos seus compañeiros.

Ademais disto unha das rapazas ten que aturar a presión de denunciar aos seus agresores soa, pois os seus pais non a apoian; nun primeiro momento quita a denuncia, pero ao reflexionar volve poñerse á fronte dela.

A autora, vai comparando o que lles pasou a estas dúas rapazas coas violacións da antigüidade clásica, con comentarios no inicio dos capítulos que serven de contexto para a historia.

Dende a miña experiencia, animo a todo o mundo a lelo, pola facilidade da lectura e polo tema que trata, que aínda que non o queiramos ver, segue a estar moi presente na nosa sociedade





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.