Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
PREMIO AOS ENDL

PREMIO ALTOFALANTE Á CGENDL

O noso IES forma parte desde a súa fundación en 2009 da Coordinadora Galega de ENDL, entidade que agrupa a Equipos de Normalización Lingüística e a profesorado  dos centros de ensino de toda Galicia, coa finalidade de realizar actividades conxuntas que teñan como obxectivo buscar a normalización e revitalización da lingua galega..

 A asociación cultural ribeirense Altofalante concedeulle o premio que leva o nome da súa asociación, Premio Altofalante 2010, pasando a posuír o mesmo galardón ca persoas e entidades que o recibiron anteriormente polo seu traballo a prol do país, como foi o caso de Xurxo Souto, a Plataforma polo Ensino Galego, a Comisión de Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Cofradía da Dorna.

A Xunta Directiva da Asociación Cultural Altofalante acordou por unanimidade recoñecer o labor da CGENDL,  Entre outros motivos, a AC Altofalante destacou como méritos da coordinadora:

  • Ser quen de xuntar a unha parte moi importante das comunidades educativas de Galicia de cara a coordinarse e actuar conxuntamente no ámbito da normalización lingüística nos centros.
  • Participar activamente -dando argumentos pedagóxicos e lingüísticos- da necesidade de que o noso idioma teña maior presenza no sistema educativo.
  • A capacidade para integrar no seo da organización a profesionais do ensino público, privado e privado-concertado e de todos os niveis educativos.
  • Organizar campañas de sensibilización e dinamización da nosa lingua como poden ser “Orgullosos no noso. Orgullosos do Galego” que foron un grande éxito de proxección pública.

Ademais da entrega do premio, que tivo lugar en Ribeira o pasado venres 20 de novembro, a CGENDL foi nomeada socia de honra da asociación por acordo da Asemblea Xeral  da Asociación Cultural Altofalante, que animou a coordinadora a seguir adiante co seu labor.

Na foto pode verse ao vice-coordinador, Miguel Louzao (á dereita), recibindo o premio.

 

PREMIO BARBANTIA Á COORDINADORA DE ENDL DO BARBANZA

www.barbantia.org/cont/index.php/2010/12/01/entrega-dos-premios-barbantia-2010-e-o-anuario-en-porto-do-son/

Barbantia , asociación cultural de referencia da nosa comarca vén de outorgarlle o Premio Barbantia 2010 á Iniciativa Cultural do Barbanza á Coordinadora de ENDL dos centros de ensino desta comarca.

O noso IES forma parte da Coordinadora de ENDL do Barbanza desde a súa fundación en 2007. Dela formamos parte os centros de ensino dos concellos de Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira.
A mesma asociación tamén outorga o Premio á Traxectoria Cultural, que recaíu no músico e gaiteiro Pepe Romero, e o Premio Barbantia da Cultura galega, que recollerá o teólogo Andrés Torres Queiruga.

Recoñécese o traballo das coordinadoras de ENDL



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.