Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
“O bosque dos raposos aforcados” de Arto Paasilinna

Vou falar do libro “O bosque dos raposos aforcados” de Arto Paasilinna

 

Arto Paasilinna (nado en Kittilä o 20 de abril de 1942) é un escritor e ex periodista finlandés, autor en finés de trinta e cinco novelas entre as que destaca “O bosque dos raposos aforcados”.O seu libro máis exitoso, Jäniksen vuosi (1975, tr. O ano da lebre, 1998) traduciuse a dezaoito linguas e conta con dúas versións cinematográficas.

 

Este libro trata a historia dun ladrón profesional, que coa axuda de outros dous amigos (un asasino e un ex condutor de escavadoras) conseguiu roubar tres lingotes de ouro de 12 kg de 1ª lei. Neste roubo a policia conseguiu encarcerar aos dous axudantes do protagonista (Oiva Juntunen), e cando estes ían saír do cárcere Oiva fugouse ata Laponia, encargándose antes de que o ex condutor de excavadoras volvera ao cárcere.

Na Laponia Finlandesa, encontrouse cun comandante do exército (Remes Sulo), co que vai vivir a unha cabana (coa esperanza de encontrar ouro, claro que Oiva facía trampa). Cando o comandante o descubriu case mata a Oiva.

Despois de estaren vivindo uns meses na cabana, chega alí a kolta máis anciá do mundo, persoa á que acollen na súa cabana. Aos poucos meses da sua estancia a kolta máis anciá do mundo morreu. Ao final o asasino (home que axudara a Oiva a roubar os lingotes de ouro), encontrou o agocho de Oiva. Viaxou ata a Laponia para conseguir a súa parte do ouro. Cando chegou alí, Oiva e o comandante Remes méteno no cárcere que fabricaran ata que deixe de pedir tantos gramos de ouro (os que a el lle correspondían, e que Oiva non lle quería dar). Canto este rebaixou o pedido, déronllo e cando este marchaba, quedou atrapado nunha das cuantiosas trampas que Oiva e o comandante construíran para matar aos raposos. E os gramos de ouro que conseguira o asasino en serie, Oiva deullos ao comandante e cada un destes dous regresou á súa vida cotiá.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.