Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
A innovación do futuro

No documento adxuntado tes o relato co que gañei o primeiro premio, na categoría C (1º e 2º da E.S.O), no    II certame de relatos de Gradiant.

O venres 19 de novembro fomos a miña clase(2ºB), Andrés, Lali e máis eu á entrega de premios que se celebrou nas instalacións de Gradiant , en Vigo. Alí ensináronnos algúns dos seus proxectos no ordenador, como un programa que detecta persoas e actitudes sospeitosas nun determinado lugar, ou outro que detecta os rasgos faciais dunha persoa…

Despois asistimos á entrega de premios. Primeiro falou o director de área de Gradiant , Javier González Castaño, logo a presidenta da actividade portuaria de Vigo, Corina Porro, e finalmente entregaron os premios das tres categorías. Primeiro entregáronme a min unha XBOX 360 con Kineckt e logo entregaron aos demais gañadores os seus respectivos premios.

Ao rematar a entrega, algúns rapaces estiveron xogando na Wii ao GuitarHero e despois déronnos unha charla sobre como cifrar mensaxes e a historia da criptografía.

Logo volvemos ao instituto. Pasámolo moi ben, e gustoume moito que me puideran acompañar os rapaces da miña clase á entrega.

Sarela Betanzos Freire – 2º ESO

Aquí temos o enlace da entrega de premios http://gradiantdivulgacion.blogspot.com/search/label/II%20Certame%20de%20Relatos%20de%20Ciencia%20Ficci%C3%B3n

1º premio da categoría C no II certame de relatos Gradiant



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.