O próximo 2011 será o ano Internacional da Química, a celebración a nivel mundial dos importantes logros da química na nosa sociedade ao longo da súa historia, así como da súa decisiva contribución ao benestar da humanidade. Por este motivo se celebrarán actividades en todo ol mundo durante ese ano para enfeitizar a importancia da química no sostemento dos recursos naturais.
A declaración de 2011 como o ano Internacional da Química e unha iniciativa da IUPAC (Unión Internacional da Química Pura e Aplicada, na súas siglas en inglés) e a Unesco, e foi decretada pola Asemblea xeneral de Nacións Unidas o 30 de Decembro de 2008. "O ano internacional da Química dará un empuxe a Ciencia Química, base da nosa calidade de vida e do seu futuro" dixo Jung-Il Jin, presidente da IUPAC. "Esperamos aumentar a apreciación pública a comprensión da química, aumentar o entusiasmo da xuventude pola ciencia e rexenerar ilusión por un futuro da creativa relacionada coa química".
Baixo o Lema ‘Chemistry: our life, our future’ (‘Química: nosa vida, noso futuro), os obxectivos de esta conmemoración son: incrementar a apreciación pública da química como ferramenta fundamental para satisfacer as necesidade da sociedade, promover o entusiasmo pola química entre a xuventude, e xerar entusiasmo polo futuro creativo da química.
O ano 2011 coincide co centenario do Premio Novel de Química outorgado a Marie Curie e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. A conmemoración destacará a contribución da química como ciencia creativa esencial para mellorar a diversidade dos nosos modos de vida e para resolver os problemas globais e esenciais da Humanidade, como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía e o transporte.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]