Foi descuberto o elemento 117
A adorable táboa periódica dos elementos ensánchase e ocupa máis volume tras a publica
ción do traballo de Yuri Oganessian do Joint Institute for Nuclear Research (JINR) en Dubna, Rusia, no que o investigador e o seu equipo en colaboración co Oak Ridge National Laboratory de Estados Unidos descubriron o elemento 117 da táboa periódica. Os físicos fixeron chocar o isótopo calcio 48, isótopo con 20 protones e 28 neutróns, co berkelio 249, isótopo con 97 protóns e 152 neutróns. A colisión deu lugar á fisión de tres ou catro neutróns que crearon dous isótopos diferentes dun elemento con 117 protóns. Sen nome oficial aínda, coñécese como o elemento 117, e é noticia.Oganessian e o seu equipo lograron apreciar breves aparicións do elemento 117 en dúas roldas de colisión que duraron 70 días cada unha. Na investigación, que se publica en Physical
Review Letters, os científicos dan conta da observación do 117 con vida de duración media duns 78 milisegundos. Este elemento entra na categoría de elementos superpesados, e cabe dentro dos elementos 116 e 118, que xa foron descubertos. Estes elementos non ocorren naturalmente e tenden a aparecer moi fugazmente só en laboratorio, ao ser extremadamente radioactivos e desaparecer case ao instante.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]