No I.E.S. Félix Muriel celebraremos este día con dúas actividades: - A conferencia de Carlos Salgado, “Dos inicios do Universo aos primeiros pasos do LHC” Carlos Salgado é Doutor en Fisica de Particulas na USC e dez anos de investigador no extranxeiro, na Universite de Paris XI, no CERN en Xenebra e na Universita di Roma “La Sapienza”. Actualmente está no programa Ramón y Cajal na USC desenvolvendo investigación de relevancia para o colisionador LHC do CERN. - Tamén o alumnado de Física de bacharelato asistirá a unha videoconferencia con dous científicos galegos que traballan no CERN (A Organización Europea para a Investigación Nuclear), é o maior laboratorio de investigación en Física de partículas a nivel mundial.Hoxe 4 de novembro as galegas e os galegos temos unha cita coa Ciencia en galego, este día permitirá unha achega, educativa e social a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico.
Esta iniciativa guiaranos polo perfil do astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), do físico escocés James Clerk Maxwell (1831-1879) e máis de Afonso X O Sabio (1221-1284), un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]