Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / Abrindo portas en galego
Visita a Kos (Grecia)

Por se alguén anda despistado, aclaro que os membros do ENDL desenvolvemos un proxecto que se chama “Abrindo portas en galego”, premiado o ano pasado pola Consellería de Educación. O proxecto Comenius encádrase dentro deste proxecto. Se queredes máis información sobre que centros particpan e todo o que levamos feito ata o de agora, mirade os artigos que colgamos o ano pasado na sección “Abrindo portas en galego”

    Hai pouco fomos de intercambio co grupo Comenius a Grecia, á illa de Kos, e resultou ser unha gran experiencia, que, sen dúbida, volvería a repetir.
    O primeiro día, falo do día da chegada, todo era tan novo que mantiñas unha postura de certa confusión. Mostrábame algo desorientada, non asociaba sitios coñecidos na miña mente e a fala era totalmente incomprensible, o grego. Sen embargo, a hospitalidade da familia e os seus coidados, case me fixeron sentir coma na casa e reconfortáronme ata tal punto que non fixen caso das miñas novas impresións, senón que me deixei levar.
    O domingo tocaba tour en autobús pola illa e comida nun restaurante grego á carón da praia. Pouco a pouco funme relacionando con todos, alemáns, gregos e polacos e comezamos a levarnos ben. Ademáis, a illa resultou ser moi distinta ás nosas terras galegas e gustoume moito. A comida era distinta, pero saborosa e como postre alumnos e profesores animáronse  a bailar o syrtaki ao son da música das guitarras e demáis instrumentos duns homes, noutra mesa. Cabe aclarar que me levou en  moto ata o punto de encontro e sen casco.
    Esa noite, saímos a dar unha volta pola cidade.
    Ao día seguinte fixemos un topur en minitren e, antes, visitamos o colexio e traballamos cóbado con cóbado no glosario. Asistín con Yanis e Anthony á clase de grego antigo e xusto antes, de historia.
    Esa tarde, xogamos co can, Aris e logo, á noite leváronme a un entrenamento de voleybol, con Clara, Korina ( a irmán de Vaya, unha das gregas, e Stelios, o seu irmán) Á noite, despois, fomos de paseo pola cidade.
    O martes tocaba Bodrum, a costa de Turquía e alá fun cos meus calcetíns dispares. Fomos en barco ata alí, non sen antes haber pasado por un arrabeador chequeo de pasaportes, que poñía a calquera exasperado. E inda porriba, non identificaban o meu pasaporte polo simple feito de ser americano…
    A xornada en Turquía foi de veras agradable. Tras vsitar as ruínas dun castelo entregado á menciña e a paisaxe, pasamos por unha xoiería de prestixio de Turquía. Alí os precios escaldaban. De feito, un piercing de xoiería, xa che valía ben os oitenta euros.
    Logo tocaba xantar e dividámonos en varios grupos. Tomamos algo nun restaurante turco, e logo déronnos renda solta polas rúas. As cousas estaban máis baratas que en Kos e tamén ao cambio. Que se sepa que, un euro é a metade dunha lira turca.
    Foi, dende logo unha xornada moi boa que nos esgotou a todos. Fomos para a casa no barco, algunha grega queixábase de mareos, pero pouco a pouco, chegamos. Esa mesma noite, cenamos nun chino. Wioletta (polaca) ría e ría e facíanos rir a nós.. Éche o que ten a risa. Bartek (polaco e, ademáis seu primo) ría con ela. Algo gracioso estarían contando en polaco…
    Ao día seguinte, fomos outra vez en barco. Esta vez a viaxe era un pouco mís longa, pois iamos á illa de Nisyros, onde visitamos o cráter do volcán e onde comemos. O cráter estaba moi, moi quente, os pés fervíanche dentro das zapatillas e, inda porriba, cheiraba moi mal. Víase unha substancia gris burbullear nuns buratos da terra e o cofre amoreábase na superficie.
    A volta en barco foi igual de dura que a ida, pero levouse ben.
    Esa noite, cenamos no restaurante Fantasy, todos os do Comenius, pero fomos coas nosas respectivas familias.
    O último día, levanteime cun peso no estómago sabendo que era o derradeiro alí, quizais ata un viaxe no futuro. Así que decidín aproveitalo ó máximo. Fomos á antiga cidade do Asklepion, moi interesante, e con moita historia, onde unha profesora alemana case se descalabra, aínda que saíu indemne. Como comentaron os profesores, estabamos na cidade dos médicos pero o médico non estaba alí.
    Tras ir á Asklepion, visitamos o museo de historia en Kos e pasamos por unhas vellas ruínas para chegar ao instituto, onde traballamos no glosario por última vez.
    Fixemos un último recorrido en minitren pola cidad e e logo cada un foi para a súa respectiva casa.
    Como me aclarou Janis, ducharíame e logo, mentres él iba a clases, eu iría de compras con Clara e Vaya. Vaya tiraba a casa pola ventá por Clara. Cabe aclarar que estes gregos eran moi amables e moi, moi hospitalarios. Uns cachos de pan.
    E chegou, nunca mellor dito, a última cea. Esa na que todos tiñamos os rostros algo tristes pero sorbemos manter a compostura e pasalo ben ata o momento da despedida, onde algunhas bágoas afloraban polo rostro de Xenia. E non só  no seu.
    Demos unha volta inda coa prohibición dos mestres presente, porque sabiamos que iba a pasar moito tempo en volver a vernos. Así que, nas motos, alá fomos Adonis, Yanis, Aquis, Dimitriv, Bartek, Clara e máis eu. Estivemos rindo e rindo a estalla nunca terraza, pero rindo e rindo moito. Había xente que creo que miraba para nós. Un bo chiste esa noite foi o que comezou cunha conversa así (orixinalmente en inglés):
    Dimitriv:-Sempre soñei con seguir nun barco o rastro de luz da lúa.
    Clara:-Nai, nai… Nai, nai… Mamá…-(si si, mamá, si si…. Foi unha broma que xurdira e que empreñaba con sarcasmo).
    Clara:-Vin unha vez un vídeo dun home que podía camiñar sobre a auga. Disque se pos os pés fortemente e rápido…
    Adonis:-Si. Xa sei. Ese home era Xesucristo,  por se non o sabes. É bastante famoso por aquí. Non sei en España.
    Foi unha noite marabillosa, ata que todos nos despedimos…
    Ao día seguinte tocaba tocaba marchar. Despedinme de yanis e do can, Aris e subín no cohe con María, a nai. Paramos na casa de Vaya e Clara subiu. Despedímonos cos ollos cheos de vagaos de Vaya…
    E, tras o rebumbio do aeroporto ateniense, dende o avión tivemos a nosa última vista de Kos… Adeus, Grecia. Ata máis ver.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.