Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Reclaman o dereito á ignorancia do idioma galego…

Un dos puntos que analiza, e que nos interesa especialmente, é a reacción existente cara á normalización lingüística. Clariño coma a auga, Xaime Subiela presenta a súa visión da cuestión. Reproducimos só un par de parágrafos que son de imprescindible lectura.

(…)

Nos movementos contrarios ao avance da lingua galega conflúen discursos de procedencia diversa; uns proceden desta lóxica de distinción de clases dominantes, e outros están máis relacionados cun discurso recentralizador vinculado a unha versión excluínte e etnicista de España, na que a relación entre linguas debe ter unha xerarquía clara en favor do castelán. Propoñen un bilingüismo estruturalmente desequilibrado: o castelán debe ser obrigado para todos en todos os lugares, e o galego para quen o queira.

Estes sectores non procuran unha sociedade multilingüe formada por individuos plurilingües, digamos bilingüe no momento actual. Reivindican o dereito á ignoriancia do idioma galego, non queren que os "mareen con iso do galego". Toleran que o fale quen o queira e mesmo teña un certo correlato no ámbito público, smpre e cando non contamine o seu espazo. Comprenden o bilingüismo como cohabitación de comunidades, unha con igualdade de dereitos e obrigas e outra na que quen queira prescindir do galego teña a liberdade e o dereito de facelo. Moi bilingüe e moi igualitaria non parece, a concepción da liberdade como dereito á ignorancia -desconsiderando a toda unha parte da sociedade- tampouco semella favorable á convivencia e á integración social, e desde logo reducir as capacidades da cidadanía non debería considerarse un factor de desenvolvemento humano, persoal ou colectivo. Debemos valorar este discurso na súa xusta medida, é minoritario na sociedade galega pero moi influínte dada a relevancia de moitos apoios, e con gran capacidade de influír en moita xente, pola ascendencia dos seus axentes, polos recursos á súa disposición e pola forza da súa mensaxe, xa que incomprensiblemente se apropiaron de valores como o bilingüismo e a liberdade -ao meu xuízo contrarios ao seus postulados.

(…)

tirado dun artigo de Xaime Subiela



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.