Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO / Proxectos feitos / Abrindo portas en galego
O meu ollo grego

Deixamos só unhas liñas de mostra, pero o documento completo en pdf non ten desperdicio. Lédeo para visitardes Kos desde a distancia. As fotos tamén son ilustrativas.

25/09/2010. Sábado.
Chegamos ao Aeroporto de Lavacolla ás 8:15 AM. Bicos para dicirnos ola, algúns nervios, maletas preparadas na ringleira de Iberia para facturar. Logo dun pequeno almorzo coas familias, cafés con leite, napolitanas de chocolate, consellos e despedidas, subimos no avión cara a Madrid, nun voo curto e puntual. A espera na T4 foi coma un suspiro…

(…)

26/09/2010. Domingo.
Kalismera! Erguémonos tarde, que é día santo tamén en Grecia. Almorzamos de bufé no céntrico hotel Tritón, en Kos, a dous minutos a pé do Instituto.  Café americano, iogur grego con froita en conserva, pan, manteiga, algunha bolacha. Vai calor a estas horas da mañá e precisamos dunha mochila de man para unha visita guiada pola illa de Kos. Agora si, coa luz matinal, observamos o relevo: illa alongada coma un plátano moi montañosa na parte central. Arrecende no aire a albaca, herba luísa, a melisa. Nos xardíns abundan os testos con herbas medicinais. Tamén as alcaparreiras, os granados, os plataneiros, algúns ficus, varios choróns, uñas de elefante e outras especies que por ignorancia non identifico. A paisaxe, neste mes de setembro, é parda, propia do clima mediterráneo, con terras de secano salferidas de aciñeiras. (…)

 

LEDE O TEXTO COMPLETO NO DOCUMENTO EN PDF




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.