Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
O porquiño Travo

O Porquiño TRAVO

Ola son o principiño veño falarvos sobre un año, unha serpe, un cabalo, un castor mais un porco, preguntaredesvos, porco? pois si porcos, escoitade:

Hai millons de anos aproximadamente uns 20 millons eu ainda non nacera, había un porco chamado Travo. Xa sei, é un nome moi raro pero se chamaba así, que lle imos facer. 

O porco tiña unha mai un pouco despistada .

Un dia pola noite cando todos estaban durmindo un ser estraño colleu a Travo e aos seus irmans; a o dia seguinte cando a mai ia almorzar decatouse de que os seus fillos non estaban.

Daquela non habia coches nin nada diso; ainda por encima era un animal, foise a buscar aos seus fillos.

Andou quilómetros, quilómetros e quilómetros e nada .

Atopabase moi cansada e por casualidade atopou un castro. Atopou un año, o año deixoulle descansar alí.

Ao dia seguinte a porca decidiu continuar o camiño; o año, que no castro se aburria decidiu marchar con ela.

Camiñaron, camiñaron, camiñaron e camiñaron ata que atoparon un deserto. Alí atoparon unha serpe que lle dixo.

-Ou deixadesme ir con vos ou comovos.

- Deixamosche ho ,sempre e cando non nos comas.

E asi continuaron o camiño os tres.

Ao cabo de segundos, minutos, horas, dias atoparon un cabalo, era moi educado, por certo.

-Desculpen señores poderia ir con vostedes?

-Ven connosco.

E asi continuaron o camiño; os catro moi cansados, divisaron algo que se movía cunha bolsa no lombo. 

Era o ladrón dos porquiños, pero ía moi rápido e non conseguiron atrapalo.

Atoparon un castor e preguntáronlle.

-Viches un ladron cunha bolsa pasar por aquí?
-Vin.
-Por onde foi?
-Dígovos por onde foi se me deixades ir convosco.
-Deixamos.
-Pois foise por ai, imos.

Atoparon o ladrón, colleron os porquiños, chamaron a garda civil de Ortigueira para encarcelar o ladrón. Unha vez encarcelado viviron felices e comeron perdices .




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.