Non lestedes “A cometa” de Álvarez Blázquez?
A COMETA
Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
más ergueitas da fraga.
Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.
Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]