Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Concurso de recitado e lectura en alto

Estivemos a celebrar no IES Félix Muriel durante a pasada Semana das Letras o concurso de recitado e lectura de poemas. Un número considerable de alumnos acudiu nos recreos a declamar e ler en público textos escollidos de Uxío Novoneyra.
O concurso posuía dúas modalidades:
a) recitado de poemas de Uxío Novoneyra previamente memorizados.
b) lectura de poemas escollidos ao chou diante do público.
O xurado do concurso estivo composto por dous membros do alumnado e dous do profesorado, diferentes en cada unha das modalidades, que valoraron mediante unha ficha os diferentes aspectos que comprende a dramatización poética.
A experiencia resultou moi enriquecedora. Houbo agasallos para quen mellor demostrou as súas cualidades interpretativas en ambas as dúas categorías. 
Agardamos que o éxito desta edición anime a máis alumnado para futuras edicións do concurso.

Os premiados do concurso de lectura en alto. Os premiados son:

1º PREMIO: Adrián Mosquera
2º PREMIO: Nerea
3º PREMIO: José Ángel López

Nas seguintes imaxes podemos ver a varios dos participantes nos concursos




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.