Como andei liada cos exames de 2º de Bac. aínda non tivera tempo ata hoxe de poñer aquí a miña impresión sobre a controvertida charla que tivemos en abril, organizada polo profesor de filosofía, a propósito do reintegracionismo.
Pareceume unha charla moi adoutrinadora, pois dende o principio xa comezou dicindo que en realidade o galego é portugués. Isto pareceume un comentario moi atrevido, e dende o meu punto de vista, dicindo as cousas como ela as dixo, tería que ser ó revés, porque primeiro era reino de Galicia e logo formouse Portugal, un país distinto, coas súa leis políticas e lingüísticas. Polo tanto, aínda que nun principio fora galego-portugués, despois separáronse en dous idiomas distintos, e só están unidos polos seus orixes, nos que eran unha única lingua, pero a día de hoxe son linguas con normas diferentes.
Logo continuou falando que a xente non falaba nin se identificaba coa normativa do oitenta e dous. É normal que ninguén a fale, porque é unha variedade estándar inventada, como en todas as linguas, e só serve para facer referencia a ela nun contexto formal, porque en realidade o avance das linguas está nas mans dos seus falantes e ninguén vai empregar un estándar inventado, pero sí e necesario se precisamos de escribir un texto culto. En canto á identificación coa normativa, penso que se hai algunha coa que non se identifican os galegos é coa reintegracionista, pois ninguén se sinte portugués.
Outro punto da charla foi as comparacións morfolóxicas que fixo entre galego e portugués. Iso foi unha das maiores estupideces das que falou, pois é como se alguén se pon a dicir que o galego é o catelán son o mesmo porque se parecen. Na realidade, hai xente, aínda que sexa triste recoñecelo, que o di, pero o único que demostra é unha fonte de ignorancia da historia.
Outro dos puntos da charla foi o dos comentarios que fixo sobre que os profesores non menten ou contan o que lles interesa. Isto pareceume moi forte , e penso que dicía moitas cousas sen pedirlle permiso á cachola. Creo que foi unha falta de respeto moi grande e o único que consegue con iso é que persoalmente dubide de toda a historia que estudo e me faga crer só nas ciencias que son as que se demostran.
Tamén dixo que Murgía e Castelao defendían o reintegracionismo no que opinan de que o galego era portugués. Par isto leu uns textos que persoalmente,non deixaban nada claro esa afirmación.
En xeral, penso que a charla foi unha pérdida de tempo, non dixo ningún argumento bo que levara a meditar positivamente a cuestión tratada, só a criticala porque dicía cousas que ferían á xente e que non tiñan nin pés nin cabeza.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]