Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
XI Premio Leixaprén

O día 20 de Maio, ás once horas, no instituto CPI EUEBIO LORENZO BALEIRÓN de DODRO Xurxo Souto recibiu o décimo primeiro premio LEIXAPRÉN.

Que é o Premio Leixaprén?: Desde o ano 1999, a Coordinadora Leixaprén, formada por un conxunto de Equipos de Normalización Lingüística de centros educativos públicos de Educación Secundaria situados nos concellos de Dodro, Lousame, Muros, Noia, Porto do Son, Rianxo e Rois, vén cncedendo anualmente un galardón que pretende recoñecer o traballos de persoas, colectivos ou institucións que se distinguen pola defensa e promoción da lingua galega.
O Premio Leixaprén simbolízase na entrega á persoa ou entidade premiadas dunha copa realizada polo oleiro Manuel Caamaño, acompañada dun pergamino acreditativo da concesión do mesmo; o acto de entrega constitúe, cada ano, unha festa que celebra o compromiso colectivo con noso idioma.

Quen é o premiado deste ano?
Xurxo Souto é un artista galego, polifacético e multidisciplinar: cantante, acordeonista, escritor, locutor, ocasionalmente actor, e con formación académica no ámbito da filoloxía clásica.
O curso pasado tivemos a honra de que viñese ao noso centro, acordádesvos? Mirade a crónica da súa actuación na revista Bico da ría!

Xurxo fíxose moi popular como líder e vocalista da banda de rock “Os Diplomáticos de Monte-Alto”, entre os anos 1990 e 2001; destaca tamén por se un gran difusor da música galega contemporánea, desde unha perspectiva integradora de diversas tendencias e estilos. Tempouco debe esquecerse o seu oficio como escritor, nunha narrativa arroutada de cerna popular e tabernaria. Ademais de ter cinco libros publicados, colabora con artigos en diferentes publicacións, como a revista Bravú.

 

A entrega do Premio en imaxes:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.