O día 22 de abril, deste mesmo ano. Saíron as 10 da mañá á venta as entradas do concerto de AC/DC.
Vintemil persoas estiveron ese día a esa hora moi espectantes da páxina na que salían xa que ese día so se venderían as entradas por internet. Antes das 10:10 as 20 mil entradas xa estaban esgotadas.
Ese día, nós, Paloma e Jésica, gritamos, e saltamos a esa hora no recreo do instituto como non o fixeramos antes.
Conseguimos as entradas dun dos dous concertos da última xira de AC/DC, somos moi afortunadas.
O dia anterior, 21 de abril xa había xente con tendas de campaña facendo cola no estadio San Mamés de Bilbao para non qedarse sen a súa entrada. 20,000 das 40,000 entradas que hai son as que se venderon no estadio. O primeiro en facer cola foi un home de 40 anos que sumou 35 horas esperando para poder conseguir a entrada.
O resto delas foron por venta en internet. Cada entrada custa 72 euros, inda que na rebenta rondan os 300 euros.
O día 28 de xunio, será o concerto no estadio de fúbol San Mamés de Bilbao.
Entradas para ac/dc nas nosas mans
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]