Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Fuco Sanjiao

O pasado xoves dia 8 de abril veu ao noso centro Fuco Sanjiao a falarnos sobre o ámbito do dereito e mais como esta disciplina non está enfrontada ao galego senón todo o contrario.
Este doutor en dereito, que traballa no departamento de economía da facultade de dereito, estívonos a falar sobre as normas e as leis que temos os cidadáns e como se cumpren ou non. Puxo como exemplo os sinais que case ninguén respecta. Ensinounos unhas diapositivas nas que aparecían persoas infractoras; nas primeiras víanse uns ciclistas incumprindo o sinal que prohibía andar en bicicleta, a segunda ensinábanos a imaxe de dúas mulleres que estaban esperando nun semáforo para poder cruzar pero unha delas cruzou antes de que este se puxese en verde e a outra, que non sabía que facer, ao final tamén saltou a norma e cruzou antes de que os coches frearan. Con este exemplo quixo indicarnos como valoramos as prohibicións e se nos convén máis cumprilas ou non, e tamén como nos inflúen os demais á hora de decidilo.

Despois ao final díxonos que para estudar na universidade non temos que renunciar ao galego, pois el quitou a súa carreira en galego, facendo exames en galego, xa que tivo a sorte de ser dos primeiros que estudaron no colexio en galego. E tamén nos trouxo a súa tese de doutoramento escrita na nosa lingua, así como moitas das súas publicacións no ámbito xurídico. Animounos a todos a facelo tamén.

-

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.