O MUNDO DA LUSOFONÍA
Os nosos convidados son:
XOSÉ LUÍS RODRIGUEZ. Profesor Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa. Doutorouse hai moitos anos con unha tese sobre un trobador galego-portugués (Joam Airas de Santiago) e, talvez por isto, o campo da lingua e da literatura medieval é un dos seus preferidos, con diversas publicacións sobre o asunto. De aí,
tamén, da dimensión histórica, outro campo a que dedicou a súa atención: a historia da lingua, nos seus diversos períodos. Finalmente, outra liña de investigación preferente nos seus estudos son as relacións galego-portuguesas, especialmente no campo da lingua, así como a respecto do que se ven a chamar recentemente “lusofonía”. Dirixe a Cátedra Unesco de Cultura Luso-Brasileira da USC, que ten organizado ou contribuído a organizar con outras entidades congresos sobre o Brasil, Portugal, a Asociación Internacional de Lusitanistas, etc. Neste momento está a preparar un simposio dedicado aos PALOP (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa), que deberá ter lugar en Outubro-Novembro do presente ano na USC ULISSES INFANTE. É Profesor Lector de Lingua Portuguesa na USC. Brasileiro, de Sao Paulo, é Doutor en Letras na área de Literatura Brasileira pela Universidade de Sao Paulo. É autor de diversas obras para o Ensino Medio (como o seu Curso de Literatura de Lingua Portuguesa, ou unha Gramática da Lingua Portuguesa, que conta con varias edicións), así como importantes traballos sobre literatura brasileira. A destacar tamén a súa vertente para a música, para a música brasileira, en particular, da cal é un recoñecido especialista. BENEVIDES MAURÍCIO. Profesor Lector de Lingua Portuguesa na USC. Angolano. Prepara a súa tese de doutoramento na Universidade de Santiago. En Angola é profesor da Universidade Agostiño Neto. Profesor de lingua portuguesa e de literatura. Como é o mais novo dos tres é o que ten aínda unha carreira universitaria mais incipiente.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]