Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
I Premio “Rosalía de Castro”

Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o I Premio “Rosalía de Castro†de Lingua de acordo coas seguintes:

BASES

1.- Obxectivos

- Recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral.

- Manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

2.- Destinatarios

Poderase outorgar este premio a calquera persoa, empresa, asociación ou entidade radicada en Galicia, entendendo como tales aquelas que teñan a súa sede social ou residencia no territorio da Comunidade Autónoma e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña

3.-Premios

Establécese o seguinte galardón

a) Un premio que se lle concederá a unha persoa, empresa, asociación ou entidade de ámbito galego, en xeral e na provincia da Coruña, en particular, que destacase pola súa traxectoria na promoción e normalización da lingua galega ou que destacase por actividades que implicasen o espallamento da lingua galega durante o ano en curso.

O Premio “Rosalía de Castro†de Lingua 2010 non ten dotación económica. O galardoado recibirá unha figura acreditativa que está en posesión desta distinción.

4.- Xurado

A proposta para o premio e a escolla do gañador tomaraa un xurado formado por:

· O presidente da Deputación da Coruña ou persoa en quen delegue, que será o/a presidente/a.

· Un/unha representante técnico da Deputación da Coruña que realizará as funcións de secretaría, asistirá ás xuntanzas do xurado, con voz e sen voto.

· Un/unha representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

· Un representante do movemento asociativo da provincia da Coruña.

· Un/unha representante dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da provincia da Coruña.

· Un/unha representante da Universidade da Coruña ou Santiago de Compostela

· Un/unha representante dos medios de comunicación, nomeado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

· Unha persoa de recoñecido prestixio no seu traballo a prol da lingua galega.

As candidaturas deberán ser avaliadas polo xurado tendo sempre en conta o obxectivo do premio.

5.- Aspectos que se valorarán

Para a concesión dos premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:

a. Tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego.

b. Actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega.

c. Uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos.

d. Campañas de información e/ou publicitarias en galego.

e. Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

Ademais dos devanditos, o xurado poderá valorar outros méritos das persoas ou entidades que se propoñan.

6.- Prazos

Logo da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, haberá 15 días para que se presenten as propostas. O xurado reunirase no prazo dos 15 días seguintes para votar as propostas presentadas.

7- Sistema de votación

O xurado tamén poderá propor candidaturas. O xurado seleccionará o premiado de acordo coa finalidade do premio. O premio será outorgado por votación do xurado. Será necesaria a maioría cualificada de dous terzos na primeira volta de votacións. De non alcanzarse acordo, procederase a unha segunda votación na que será necesaria a maioría simple. O xurado poderá optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelable.

8- Entrega de premios

A entrega dos premios realizarase o 28 de maio, no transcurso do acto público da III Festa da Lingua, organizada pola Deputación da Coruña.

9- Interpretación

O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases.

A Coruña, 12 de abril de 2010

Non se atopou a imaxe: images/spacer.gif




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.