Este martes 13 de abril fomos a unha charla na que habÃa tres representantes da empresa Caramuxo para falarnos da súa iniciativa empresarial.
Contáronos un pouquiño de que ía o seu traballo e cal era o seu obxectivo. A empresa encárgase de facer camisolas da Galiza con frases ou expresións que todos nos escoitamos a miúdo nas nosas casas ou cos amigos. O primeiro que fan é buscar unha boa frase. Unha vez feito isto, procuran un debuxo que vaia acorde coa frase e que sexa humorístico. Seguidamente , estámpase o debuxo na camisola, distribúese e ponse á venda. A empresa conta con dous deseñadores, cun lingüista, cunha rapaza que leva as contas e cos seus tendeiros. Contáronos tamén que lle facían camisetas para grupos de música e asociacións. Por último ensináronos algunhas das camisetas que fixeron e déronos pegatinas. Eles pensan que a camisola é un bo soporte para acentuar os nosos costumes, os nosos ditos, as nosas festas etc. Ti que opinas?
Camisolas da Galiza
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]