As linguas
O día martes 13 as 12:30 acudimos a unha charla que trataba das linguas globais e déunola José Manuel Vez, que é catedrático de Universidade en Lingüística Aplicada e Didáctica das Linguas Estranxeiras.
Comezounos falando de que morren moitas linguas, e estas non se perden porque non se saiba senón porque non se usan, linguas como o galego que conviven con dúas linguas – elefantes como o inglés e o español.
“Cantas máis linguas falamos, máis humanos nos sentimos.”
En Europa falanse entre 60 e 70 linguas, con tan só 23 oficiais máis as rexionais e as minoritarias, entre elas o galego.
Falounos da (bio) diversidade, da diversidade de linguas e culturas e do cambio da Europa de mercado á Europa dos cidadáns.
No ano 1992 foi asinada por primeira vez a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias e publicouse o 15/09/01. Esta carta dinos que o dereito de utilizar as linguas rexionais e minoritarias
Tamén nos falou do plurilingüismo que é antónimo de homoxeneización lingüística
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]